O obxectivo deste traballo é facer unha defensa dos mares e océanos a través da poesía, poñendo de manifesto que a poesía pode ser un medio para cambiar a conciencia da sociedade.
Desexos
Estes non son sucesos, nin feitos
de crer siquera. Son ideas
e desexos de miña conciencia,
coma soños truncados
pola xente sen conciencia,
polos soños de limpeza no océano,
dun mar moi limpo, limpo
de moreas de lixo e residuos,
nalgún caso de bidóns nucleares incluso.
IES Poeta Añón (Outes)
3º de ESO
Yeray Lorenzo García