Congreso CLMNTK11

Logo Congreso

Non é só miña, nin túa, senón que é de todos.

Non hai nada máis bonito que a nosa natureza. Non é só miña, nin túa, senón que é de todos e debemos coidala.

Non hai nada máis bonito que abrir os ollos e mirar ao teu redor. Mirar coma a luz do sol dá nas árbores facendo que a súa cor verde se faga máis bonita e máis intensa. Mirar as flores que dende a máis pequena ata a máis grande, cada unha é máis fermosa e nos aledan coas súas cores e o seus aromas. Poder escoitar os cantos dos páxaros e ver como revolotean a todos lados.

Poder ver o mar e as súas ondas, unhas ondas tranquilas no verán e tan axitadas e asasinas no inverno. Poder ver os ríos e as fervenzas e non dar crédito á forza que colle a auga ao caer dende tanta altura. Poder ir á praza e ver canta variedade de peixe venden, imaxinando que no mar viven moitos máis. Poder subir aos nosos montes e ver como andan en liberdade os animais, e sin axuda, se multiplican.

Poder ver o paso das estacións.

Poder ver as follas no outono, poder ver o seu cambio de cor, poder ver como o vento xoga con elas ata tiralas, ensinándolles a voar e a aterrar facendo unha alfombra no chan dos soutos.

Sentir no inverno o frío e xogar coas primeiras folerpas de neve, coa mesma ilusión cada ano cando se achega o nadal. Poder ver como as árbores se enchen de flores e novas follas na primavera, ver como o campo colle outra cor e os páxaros cantan con máis forza que nunca.

Poder sentir o calor do verán, unha calor asfixiante pero que nos gusta, como tamén nos gusta disfrutar das nosas praias, que tanto nos axudan a refrescarnos.

Cada unha ten as súas cousas, pero sen  duda as catro estacións son moi fermosas, como fermosa é a nosa natureza, que sen axuda de ninguén nos fai disfrutar de todo iso. Son cousas sinxelas ás que xeralmente non lle damos importancia… Pero aínda que non lla deamos, deberíamoslla dar, pois cando nacemos todas esas cousas xa están ahí, coma unha herdanza que nos lle deixaremos aos nosos fillos e eles aos seus, e así sucesivamente.

Ata o final dos seus días, sí, pero non ata o final da natureza. Por iso, debemos ser responsables coa natureza e non facer nada que poida perxudicar o seu futuro, porque esta herdanza non é só miña, nin túa, senón que é de todos.

IES Espiñeira (Boiro, A Coruña)
2º ESO
Yael Sampedro Davila

Publicado en 2013 | 15 comentarios

15 Responses to Non é só miña, nin túa, senón que é de todos.

  1. el sabio dice:

    como non podo votar deixo aqui o meu voto!

  2. Patri:3 dice:

    Maaaravilloso. *-*

  3. shaasttem8 dice:

    muy buen trabajo.

  4. yerai dice:

    Buenísim Yael de verdad que lo escribiste tu?

  5. Víctor G dice:

    Fantástico!
    Fermoso, intenso e como boa gran obra, breve.

    As imaxes veñen á mente directa e nítidamente.
    +1

  6. Diego dice:

    Moi bo. O máis bonito que lin en tempo.

  7. K chachi :) dice:

    Un gran traballo! tes o meu voto + 1

  8. Miguel R dice:

    Me encanta,está muy bien escrito un 10 ;-)

  9. c.r.11 dice:

    Me ha fascinado jajaja +1

Deja un comentario