Congreso CLMNTK11

Logo Congreso

Galicia, o noso fogar

O seguinte vídeo, de carácter educativo, busca o obxectivo de crear unha conciencia no espectador basexada en coñecer e respetar o noso entorno -neste caso Galicia-, apreciando algúns dos lugares máis importantes e fermosos da nosa comunidade, e rexeitando aquelas accións que poidan botar por terra toda a beleza do noso fogar.

El siguiente vídeo, de carácter educativo, busca el objetivo de crear una conciencia en el espectador basada en conocer y respetar nuestro entorno -en este caso Galicia-, apreciando algunos de los lugares más importantes y hermosos de nuestra comunidad, y rechazando aquellas acciones que puedan echar por tierra toda la belleza de nuestro hogar.

Apreciamos o que coñecemos / Apreciamos lo que conocemos


Universidade de Vigo (Ourense)
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
Carla Caíña Sobrado
Brais Afonso Rolán

Publicado en 2013 | 3 comentarios

3 Responses to Galicia, o noso fogar

  1. Maria de Jesus Bento dice:

    Bastam cinco minutos para alertar, tomar consciência da ação do Homem sobre a Natureza.

  2. carlaebrais dice:

    Tes toda a razón. Pero ensinar as cousas positivas axúdanos a comprender mellor cales son as cousas que debemos coidar. No caso da ensinanza para un desenvolvemento sostible -ao igual que na ensinanza doutras disciplinas- debemos partir do máis próximo ao alumno (canto máis xove sexa), coa fin de que el mesmo poida construír o seu coñecemento, aumentando progresivamente o radio de acción, ata ter unha idea do funcionamento da sociedade, e do mundo en xeral.
    Posto que o noso traballo ía dirixido a nenos da etapa de educación Primaria, tivemos en conta estas reflexións á hora de elaborar o recurso audiovisual.
    Esperamos que che gustara.
    Unha aperta.

  3. carlaebrais dice:

    Ademais quixemos poñer de manifesto que non é necesario dar un punto de vista catastrofista aos nenos. Non debemos bombardealos con imaxes que poidan ferir a súa sensibilidade. Pola contra, apostamos polo emprego de imaxes que, nalgúns casos lles resultarán familiares, pero noutros non. Así conseguimos que aprendan cousas novas, cousas que pertencen ao seu entorno máis próximo.
    Todas as imaxes de carácter positivo levan a advertencia de que é posible que desaparezan de non termos unha conduta axeitada para coa nosa natureza.

Deja un comentario