Congreso CLMNTK11

Logo Congreso

Demandas da sociedade

Os nosos mares son esenciais para a vida, polo que a súa alteración repercute no se humano e outros seres vivos e, en xeral, en todo o planeta. A situación complícase máis aínda cando se lle engade a acción humana, como está sucedendo nas últimas décadas.

Uns mares contaminados poden danar a saúde das persoas e afectar á vida das plantas acuáticas e dos animais. Pero, ademais, os cambios que se producen nos mares poden cambiar o clima, aumentar o nivel dos mares e destruír a vida mariña. Todos eles son fenómenos dunha grande importancia global. Queremos reflectir a urxencia de coñecer ben estes procesos e tomar as medidas necesarias para que no mar non se produzan situacións graves para a vida mariña.

CEIP de Arzúa (Arzúa, A Coruña)
6º de Primaria
Dina Mª Calvo Suárez
Alba Senín García

Publicado en 2013 | Deja un comentario

Deja un comentario