Convocatoria

Campus do Mar convoca, co financiamiento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) a segunda edición do Congreso Xuvenil Internacional OCEÁNTICA, co obxectivo de sensibilizar sobre a sustentabilidade nos espazos de interacción mar-terra-poboacións humanas nos sistemas costeiros e sobre o reto do cambio climático dirixido a estudantes de sexto curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Universidade e niveis equivalentes en ensinos básicos e medias (≥12 anos) e superiores (≥18anos) doutros países.

Un xurado formado por profesores, investigadores e divulgadores científicos valorará os traballos presentados e elixirá os proxectos gañadores, cuxos autores serán premiados coa participación nun campus de verán científico-artístico-socio-ambiental.

Participacion:

O congreso xuvenil OCEÁNTICA 2014 organízase de xeito virtual.

Poderán participar todos os estudantes matriculados nun centro educativo en Primaria, ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos durante o curso 2013-2014 en calquera sistema educativo.

Tamén poderán participar universitarios, que de resultar premiados, terán a ocasión de participar no campus como coordinadores dalgún dos grupos de traballo formados por estudantes non universitarios premiados. Para a realización das súas tarefas, contrarán coa titoría dalgún educador do equipo OCEÁNTICA 2014. Ao finalizar o campus, recibirán un diploma que acredite a súa participación como educadores en prácticas cunha dedicación de 60 horas.

Os traballos terán por obxectivo a comunicación para a sensibilización da cidadanía sobre o cambio climático e demais retos aos que se enfronta o estudo do medio mariño; e así como o respecto do medio ambiente e a sustentabilidade en xeral.

O prazo de presentación de traballos queda aberto desde a data de comunicación na web de OCEÁNTICA ata o 30 de maio do 2014.

Os traballos deberán ser insertados polos participantes na páxina web do congreso (http://congresooceantica.campusdomar.es) ata as 23:59 horas do día 30 de maio de 2014. No apartado “Como participar” da web atopanse os titoriais con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma. No caso de dúbida enviarase un correo electrónico á conta: oceantica@campusdomar.es

Na súa elaboración tomaranse como referencia os seguintes formatos de comunicación:

  1. Relato
  2. Poesía
  3. Curtametraxe
  4. Vídeo musical
  5. Vídeo de obras de teatro
  6. Fotografía comentada
  7. Banda deseñada
  8. Presentación
  9. Póster
  10. Debuxo
  11. Reportaxe multimedia
  12. Páxina web