Congreso CLMNTK11

Logo Congreso

A triste historia dun manatí

Sen querer, e quizais sen sábelo, estamos exterminando ás especies máis maravillosas que poidamos imaxinar. Por moito que busquemos fóra do noso planeta, nunca encontraremos nada equiparable, nin en beleza, nin en diversidade.

Con este relato, o manatí Keco conta a súa historia a un periodista novo do século XXII, o cal quere dar a coñecer a este curioso animal, caseque único nese século. Unha historia a de Keco na que ese nome ben podería levarnos a un panda, un esturión, un celacanto, un lince ibérico, un gorila de montaña, un cóndor californiano… e innúmeras especies que, ano a ano, mes a mes, día a día, son engadidas á interminable lista de animais en perigo de extinción.

Keco invítavos a reflexionar un século antes sobre os nosos actos, a botar una ollada ó futuro, e desexa que este relato non vos sexa indiferente.

IES Otero Pedrayo (Ourense)
1º Bacharaleto
Mauro Rivas Ferreiro

Publicado en 2013 | Etiquetado , , , , , , , , , , , , | Deja un comentario

Deja un comentario