Este é un vídeo de temática medioambiental realizado por tres alumnas da Universidade de Vigo.
A partir del preténdese dar a coñecer a todo aquel que estea interesado cáles foron as consecuencias que tiveron lugar despois da catástrofe ocasionada polo Prestige. Tamén intentamos homenaxear dalgunha maneira a todos aqueles que participaron na recollida deste vertido tan tóxico e posibilitaron a rehabilitación das nosas fermosas praias.
Queremos agradecer a colaboración aos miles de voluntarios que acudiron dende tódalas partes para axudar en lugares que nin sequera coñecían antes de ter acontecido este desastre ecolóxico. Supuxo este un movemento cidadá dunha solidariedade sen precedentes na sociedade española.
Este vídeo dedicámosvolo a todos vós!
Universidade de Vigo (Ourense)
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
Iria López Barro
Patricia Meira Pérez
Lorena Lamas Otero